A dirección provincial do Partido Popular, tralas reunións mantidas cos alcaldes e os portavoces do Partido Xudicial de Noia durante as últimas semanas, propuseron a Juan José Dieste e Luis Oujo para ocupar as duas actas de deputados que lle corresponden os populares na Deputación de A Coruña tralos resultados das eleccións municipais celebradas o pasado 24 de maio.
Os alcaldes de Boiro e de Porto do Son ocuparán este posto durante os dous primeiros anos e, transcurrido este periodo, cederán os seus lugares a Carlos López Crespo e Teresa Villaverde, rexedores de Outes e Lousame, respectivamente.
Asimesmo, os representantes dos populares no Partido Xudicial de Noia tamén acordaron que Inés Monteaguado, portavoz do PP no concello de Muros, ocupe, xunto a López Crespo e Teresa Villaverde, un dos postos de suplente dentro da institución provincial.