27 C
Chicago
11 octubre, 2026
Image default

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo dos últimos meses un total de 63.000 quilos de residuos dos fondos mariños de 15 peiraos autonómicos

Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en 5 peiraos de cada unha das 3 zonas administrativas de Portos de Galicia, a saber: Morás (Xove), O Barqueiro, Cedeira, Celeiro (Viveiro) e Cariño, na Costa Cantábrica; Aguiño (Ribeira), O Freixo (Outes), Pontedeume, Sada e Camariñas, na provincia da Coruña e Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía), na provincia de Pontevedra. Dito plan desenvólvese de xeito periódico co obxecto de acadar peiraos máis sustentables dende o punto de vista ambiental.

Related posts

CONVOCADA UNHA FOLGA XERAL EN FAVOR DO DEREITO Á VIVENDA PARA O VINDEIRO 11 DE NOVEMBRO

CloudyX

VEGALSA EROSKI REAFIRMA A SÚA APOSTA POLO PRODUTO GALEGO

CloudyX

UN RECENTE FALLO XUDICIAL SOBRE OS INSULTOS NO TRABALLO E O DESPIDO XERA OPINIÓNS REPARTIDAS NA RÚA

CloudyX