Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en 5 peiraos de cada unha das 3 zonas administrativas de Portos de Galicia, a saber: Morás (Xove), O Barqueiro, Cedeira, Celeiro (Viveiro) e Cariño, na Costa Cantábrica; Aguiño (Ribeira), O Freixo (Outes), Pontedeume, Sada e Camariñas, na provincia da Coruña e Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía), na provincia de Pontevedra. Dito plan desenvólvese de xeito periódico co obxecto de acadar peiraos máis sustentables dende o punto de vista ambiental.
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo dos últimos meses un total de 63.000 quilos de residuos dos fondos mariños de 15 peiraos autonómicos


