O Concello de Noia vai investir máis de 70.000 euros na construción dun novo parque infantil en Boa e no acondicionamento e mellora doutros dous parques infantís máis no casco urbano: os do paseo marítimo e da Alameda.
Uns traballos que se unen aos acometidos recentemente en Pontenafonso, onde se construíu un novo parque infantil cun investimento próximo aos 60.000 euros.

