Unhas trescentas persoas atópanse estes días preparando as alfombras florais que o domingo cubrirán as rúas de oito puntos de Barbanza. Será co gallo da celebración do Corpus. O traballo máis intenso está aínda por chegar, pois algúns veciños dedicarán toda a noite do sábado a debuxar sobre o chan distintos motivos para cubrilos despois de pétalos, sal ou serrín tintado.
A hora de inicio desta última fase do proceso de elaboración dos tapices marcarana as procesións, pois do que se trata é de que veciños e visitantes teñan ocasión de ver as efémeras obras de arte antes de que se vaian desfacendo tras o paso dos fregueses. Os desfiles serán de mañá en Porto do Son, Ribeira, Lampón e Outes. Mentres, na Pobra, Muros, Noia e Rianxo, as alfombras manteranse intactas ata última hora da tarde.
Please login to join discussion