O Concello de Riveira informa do inicio da actuación destinada a mellorar a accesibilidade ao faro de Corrubedo.
Operarios da empresa Excavaciones Abelleira comezaron cos traballos necesarios para este tenor. A obra comporta un investimento de 55.200 euros, IVE incluído, e conta cunha subvención do 65% do importe concedida pola Axencia de Turismo de Galicia.

