24.6 C
Chicago
20 agosto, 2026
Image default

Aguiño estreará mercadillo o vindeiro luns

A partir do vindeiro 18 de xuño, o núcleo de Aguiño vai contar cada luns cun mercadillo co que contribuír a dinamizar o comercio local desta parroquia.

O mercado emprazarase na rúa Castelao (nas inmediacións do parque infantil alí situado) e en principio contará cunha trintena de postos de diversos xéneros, se ben a raíz do alto interese suscitado por esta iniciativa, sobre todo nos últimos días, é posible que haxa máis ata rondar os corenta, segundo informa a concelleira de Mercados, Esther Patiño.

Os postos instalaranse a partir das oito da madrugada e o mercadillo estará aberto toda a mañá.

Related posts

AS AUGAS DE SÁLVORA ACOLLERON UNHA NOVA ACCIÓN DE RESTAURACIÓN DOS FONDOS MARIÑOS IMPULSADA POR AMICOS

CloudyX

O FUTURO DA ANTIGA FÁBRICA DE CERQUEIRA PASA POR CONVERTELA NUN ESPAZO MULTIUSOS, ACCESIBLE E ABERTO Á CIDADANÍA

CloudyX

CASTIÑEIRAS XA TEN TODO PREPARADO PARA TRES DÍAS DE FESTA

CloudyX