A proposta presentada pola Marea ten como obxectivo iniciar os trámites para que o Concello encargue un proxecto para dotar a Noia dun servizo diúrno de atención ás persoas maiores.
Dende a Marea recalcan que Noia é unha vila que conta con máis de 3.500 persoas maiores de 65 anos no seu censo poboacional, polo que urxen equipamento que ofrezan coidados para esta parte importante da poboación.