2Muros

Quince alumnos do obradoiro de emprego de garantía xuvenil de Muros e Carnota recibiron os seus diplomas de fin de curso

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá na clausura do obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil Naraio Xuvenil, no que quince alumnos-traballadores de Muros e Carnota recibiron formación teórica e práctica nas especialidades de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e atención sociosanitaria a persoas a domicilio.
https://www.youtube.com/watch?v=NEL1XmJJFoY
O acto, celebrado na antiga fábrica de conservas e salgadura Sel, contou tamén coa presenza da alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, e da concelleira de Carnota María Belén Campos. A iniciativa contaba cun investimento de máis de 140.000 euros e completa a súa función, logo de seis meses de traballo, a finais deste mes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.