Muros

A Xunta convoca dous novos permisos de explotación para marisqueo a pé e un para percebe a pé na confraría de Muros

A Consellería do Mar convoca dous novos permisos de explotación para marisqueo a pé e un para percebe a pé na confraría de pescadores de Muros.
https://www.youtube.com/watch?v=KbjUhXMitiA
Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e no caso do de percebe a pé tamén o que establece a orde que regula a explotación dos recursos específicos. Ademais deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería, neste enlace a dos permex de marisqueo a pé e neste a de percebe a pé. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.