25.7 C
Chicago
17 agosto, 2026
Image default

Comezan as obras de pavimentación e instalación dunha rede de recollida de pluviais na rúa Vicente Risco en Palmeira e rematan as de restauración na fonte de Corrubedo

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación destinada renovar a pavimentación e instalar unha rede de pluviais na rúa Vicente Risco en Palmeira.

A empresa que está executando a obra é Espacios Arquitectónicos DMLAR, S.L. O seu importe ascende a 18.298,44 euros e o prazo de execución, dous meses.

A vía en cuestión carece de rede para a drenaxe de augas pluviais e o seu pavimento, feito en formigón, está moi deteriorado.

Conforme ao proxecto elaborado polos técnicos municipais, instalarase un novo pavimento de formigón pulido con franxas de adoquín de formigón intercaladas, ademais de situar unha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e 42 de longo para drenar as augas pluviais.

Por outra banda, a brigada municipal de obras de Riveira estivo a realizar nos pasados días unha actuación destinada á restaurar a antiga fonte situada no porto de Corrubedo, ademais de permitir a accesibilidade no tramo de beirarrúa en que se enclava, na rúa Torreiro.

A acción incluíu a instalación dunhas varandas a ambos lados da fonte, o rebaixe dos perpiaños de pedra sobre os que se apoia o elemento e a colocación de novos adoquíns na zona adxacente.

Related posts

A NAVALLA PROTAGONIZA A ACTIVIDADE NA LONXA DE AGUIÑO

CloudyX

O GASTROMAR ENCHERÁ RIBEIRA DE PRODUTOS DO MAR DO 20 AO 23 DE AGOSTO

CloudyX

A VECIÑANZA DE AGUIÑO RECLAMA NOVAMENTE ÁS PORTAS DO CENTRO DE SAÚDE TER A TOTALIDADE DAS PRAZAS DE MÉDICOS CUBERTAS

CloudyX