Deputación Da CoruñaGaliciaMuros

A Deputación concede 367.920 euros en axudas ás asociacións agrarias e labregas da provincia

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva de dous liñas de axudas entidades asociativas agrarias e labregas da provincia. Estas axudas orientadas ao fomento do sector primario permitirán a posta en marcha de novos proxectos, coma a xestión eficiencia no cultivo da Pataca, proposto pola Asociación Rural Galega e dotado con 4.000 euros, ou a implantación de iluminación eficiente na Asociación de Desenvolvemento Rural Odega (4.904 euros).
Así mesmo, as achegas provinciais financiarán a realización dun gran número de actividades de formación e asesoramento técnico, co obxectivo de ofrecer melloras en sectores chave coma o lácteo ou o forestal. As comunidades de montes reciben gran parte destas axudas, coas que se financia a realización de traballos silvícolas, proxectos de valorización de produtos forestais e a adquisición de maquinaria e ferramentas.

En total, concedéronse as subvencións a 98 asociacións por un importe total de 367.920 euros. 71 entidades solicitaron estas axudas para a realización de actividades, mentres que 27 realizarán investimentos relacionados cos sectores agropecuario e forestal.
En total, serán 71 as asociacións de montes en man común beneficiadas en toda a provincia. A maior parte delas concéntranse na comarca do Barbanza, onde a Deputación deixa 194.646 euros para 56 entidades.

Así mesmo, as subvencións provinciais financiarán actividades e investimentos de numerosas comunidades de montes de Lousame, 24460 EUROS.
Na zona de Muros as achegas concedidas ascenden a preto de 38.000 euros.

Nesta mesma liña, entidades de ámbito provincial e autonómico reciben tamén axudas da Deputación para financiar actividades de dinamización e valorización das actividades forestais e silvícolas. Á Entidade Galega solicitante da Certificación Forestal concedéronselle 4.000 € para levar a cabo un proxecto de reestruturación dos instrumentos de xestión forestal certificados para facilitar o acceso das micropropiedades da provincia, mentres que o Grupo de Xestión Forestal Sostible do Norte utilizará a axuda de 4.000 € para ofrecer asistencia técnica sobre a certificación FSC e asesorar aos seus membros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.