O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as obras levadas a cabo no Concello coruñés que se realizaron ao abeiro das axudas da Orde de infraestruturas de uso público da Xunta, e onde destacou que nos últimos anos, o goberno galego subvencionou actuacións en Outes por case un millón de euros, dende obras de saneamento ata o arranxo da Casa do Concello, pasando pola posta en marcha de parques infantís.
Alfonso Rueda acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e da alcaldesa da localidade, Beatriz Molinos, incidiu que estas axudas permiten levar a cabo pequenas actuacións que benefician directamente aos veciños, e contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida. Estas pequenas iniciativas benefician directamente aos cidadáns e demostran as vantaxes da colaboración entre administracións, neste caso concreto, entre Xunta e o Concello, que aunaron esforzos para poder levar a cabo as obras.
Grazas á orde de infraestruturas, dende a Xunta estase a apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. A Orde de Infraestruturas de uso público é unha ferramenta que o Goberno galego pon á disposición dos concellos para financiar infraestruturas que beneficien directamente aos seus veciños.
https://www.youtube.com/watch?v=a_vTXtujZRc