14 C
Chicago
22 septiembre, 2026

Indignados estaban hoxe en Outes representantes da Anpa do CEIP Emilio Navasqués, que se manifestaron as portas da casa consistorial

Dende a Anpa afirman que non cren as palabras do conselleiro de educación no Parlamento , Román Rodríguez explicou ante o pleno do Parlamento que dita reorganización foi deseñada tendo en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable de recursos.
O conselleiro foi debullando a casuística de cada un dos centros obxecto de reestruturación , apuntando que o único caso onde hai un edificio que deixa de funcionar para usos educativos é o CEIP Emilio Navasqués de Outes, xa que os seus alumnos pasan a escolarizarse no CEIP de Outes, que está a 3,5 quilómetros de distancia.
O conselleiro afirma que a Consellería de Educación mantivo e mantén abertas todas as liñas de diálogo coas respectivas comunidades educativas para explicar os pormenores desta reorganización en cada zona, co fin de aclarar todas as dúbidas xurdidas e garantir que o cambio xerará a menor distorsión posible ás familias, pero dende a Anpa do Emilio Navasqués afirman que con eles non se falou.

Related posts

CONSERVAS SOTAVENTO RECIBE O DISTINTIVO “ARTESANÍA CALIDADE” QUE GARANTE A SÚA PRODUCIÓN ARTESANAL

CloudyX

OUTES PREPARA UNHA NOVA EDICIÓN DE ‘OUTES A ESCENA’, CON CINCO MESES DE PROGRAMACIÓN TEATRAL E 19 REPRESENTACIÓNS PARA TODOS OS PÚBLICOS

CloudyX

MÁIS DE 60.000 EUROS PARA MELLORAR DOUS EQUIPAMENTOS SOCIAIS DE OUTES

CloudyX