Outes

GALICIA CALIDADE certifica as coleccións da xoiaría de OUTES FERNANDO GALLEGO

As coleccións da xoiaría Fernando Gallego, de Outes, logran a certificación Galicia Calidade. A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregaron hoxe o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á xoiaría Fernando Gallego, unha empresa que desde Serra de Outes exporta talento e creatividade.
Con este recoñecemento, a xoiaría Fernando Gallego, Xoieiro Artesán pode empregar o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade para a Colección Antiques, composta por deseños exclusivos con antigüidades xenuínas; e a Colección Apilables, composta por xoias exclusivas fabricadas en ouro de primeira e diamantes.

https://www.youtube.com/watch?v=ZWpUACjZ9VQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.