A Asociación Boirense de Empresas celebrou o venres unha nova edición dos Premios ABE. A gala, que se desenvolveu na Pousada da Galiza Imaxinaria, reuniu a 250 persoas colgando o cartel de “cheo”. Foi unha noite de recoñecementos, emocións, de destacar o talento, o esforzo e a traxectoria das empresas e dos empresarios. Que á súa vez poñen o seu gran de area no crecemento económico e social de Boiro.

