Unha das competicións máis características do fútbol sala galego está a piques de arrancar para o Noia Portus Apostoli cunha nova edición chea de emocións. A XXXV Copa Galicia comezou coas eliminatorias en agosto, e tras a disputa de tres fases previas chega a quenda dos cuartos de final, onde entra en escena o conxunto noiés.

