Hoxe foi un día diferente nos catro concellos que conforman a mancomunidade Barbanza Arousa. Organizouse unha xornada de familiarización turística dirixida a guías oficiais de turismo de Galicia e axencias de viaxe, proposta na que se amosaron diferentes aspectos: dende o Camiño A Orixe ata os puntos máis destacados de Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra.

