A Terceira Federación de fútbol feminino avanza e esta fin de semana disputouse a novena xornada da liga. E non foi a mellor para a EFM Concello de Boiro. As do Barbanza recibiron a visita das segundas clasificadas, o Atlético Villalonga, e a pesar dos intentos locais por puntuar, foron superiores e leváronse os tres puntos de Vista Alegre.

