Hai unha semana España vestiuse de loito despois dunha nova traxedia no transporte ferroviario. O choque entre un tren AVE e un Iryo preto de Urda, Toledo, deixou 69 falecidos e numerosas incógnitas por resolver. O centro do debate ocúpano agora a seguridade deste medio de transporte e se o investimento feito na rede pública era o preciso. Esta mañá saímos á rúa para coñecer o punto de vista da veciñanza da comarca e saber se despois deste accidente, viaxarían en tren e na alta velocidade.

