A Concellería de Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal organiza a décima edición das Xornadas Micolóxicas, unha cita asentada do municipio e que atrae a numerosas persoas amantes dos fungos, do seu estudo e de todo que ten que ver con eles. Este ano o programa está formado por un amplo conxunto de actividades gratuítas que mesturan formación, divulgación, coñecemento do medio natural e gastronomía.

