A cultura non se detén na Pobra do Caramiñal que este outono vivirá unha nova edición do Magosto Arrancadeira. Nesta sexta edición desta iniciativa numerosos grupos e asociacións reuniranse arredor da música e do baile tradicional na praza Alcalde Segundo Durán.

