O hábito de ler ten recompensas na Pobra do Caramiñal. O pasado venres, dende a goberno local fixeron entrega dos diplomas e agasallos a Pablo Morao e a Isabel Falque polo seu compromiso coa lectura e a cultura local. Entre ambos veciños, retiraron un total de 191 obras literarias da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí ao longo do último ano.
Na categoría infantil, Pablo Morao non é a primeira vez que consegue este logro. O xove volve obter o título que xa acadara no ano 2024 tras retirar da biblioteca un total de 64 títulos dende o pasado mes de outubro.

