A crise política no Concello da Pobra do Caramiñal segue na alza. Desde Nós Pobra desmenten a versión do rexedor e afirman que a súa marcha da organización foi unha decisión persoal comunicada na asemblea do pasado 9 de outubro para darlle o paso á candidatura socialista.

