O vindeiro 19 de outubro é o día mundial contra o Cancro de Mama, data sinalada no calendario para moitas persoas. A xunta local da AECC de Ribeira desenvolverá este mes diferentes accións para seguir dando visibilidade a esta doenza e para reivindicar a importancia da investigación para atopar tratamentos.

