O traballo para intentar mellorar a visibilidade do sector do mar continúa. Recentemente os patróns maiores de Ribeira e de Aguiño, José Antonio Pérez e José Antonio Santamaría, e o xerente da Lonxa de Ribeira, Fernando Carreira, reuníronse coa conselleira do Mar, Marta Villaverde. Na xuntanza tratáronse diferentes temas encamiñados en fortalecer o tecido extractivo e comercializador da comarca.

