17.8 C
Chicago
1 octubre, 2026
Image default

RESULTADOS DISPARES NA CUARTA XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL

O conxunto do CD Unión caía derrotado no seu campo por un contundente 0-3 fronte ao Atlético Combarro. A pesar do esforzo defensivo e do traballo sobre o terreo de xogo, os visitantes decantaron a balanza tralo descanso cun par de tantos e sentenciaron no tempo de desconto, un resultado que deixa aos locais no décimo sexto posto da táboa con dous empates e dúas derrotas.
Pola súa banda, o Cidade de Ribeira fixo valer o factor local e o apoio da súa afección para superar por 2-1 ao S.C.D. Ponte Caldelas. Tras unha primeira metade sen movementos no marcador, a intensidade desatouse tralo descanso: os boirenses golpearon primeiro, os visitantes empataron temporalmente e, a piques de rematar o tempo regulamentario, un tanto de Ismael Castro selaba a vitoria que sitúa ao equipo no sexto posto da táboa.
Destacada tamén foi a actuación do Abanqueiro, que viaxou coa lección aprendida para impoñerse por 1-2 ao C.D. Sport Team Estrada. Os boirenses adiantaronse cedo no minuto 16 por medio de Ánxel Piñeiro, e malia que os locais acurtaron distancias rapidamente, un novo tanto xusto antes de chegar ao descanso deulle aos visitantes unha vantaxe que saberían defender con firmeza na segunda metade, aupándoos ata a novena praza.

Related posts

BOIRO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UNHA NOVA EDICIÓN DO TRADICIONAL DIA DA BICICLETA.

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA SABE O QUE É GAÑAR ESTA TEMPORADA

CloudyX

BOIRO ACOLLERÁ ESTE VENRES O I CAMPIONATO DE REMO INDOOR INTERCENTROS IMPULSADO POR CABO DE CRUZ

CloudyX