Dende o BNG comarcal sinalaron que a poboación do Barbanza sufriu un verán absolutamente caótico debido ao incremento poboacional e á crónica falta de persoal sanitario e non sanitario nos centros de saúde. Unha situación que disparou as listas de agarda e saturou tamén os puntos de atención continuada e as urxencias hospitalarias.

