O Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña selaron este 2026 o futuro da futura residencia de maiores que se levantará no municipio. A parcela na que se localizará, ao carón do IES Félix Muriel, xa foi cedida por parte do concello ao ente provincial e o pleno da Deputación deu o seu visto bo a este acordo.

