Mañá ponse o punto e final á tempada estival para dar paso á seguinte: o outono. Tras longos meses de sol e boas temperaturas que se prolongan ata o día de hoxe, as opinións na rúa xa se mostran variadas respecto ás vivencias no verán. Dende aqueles que sufriron a intensidade do calor ata quen lamenta que os días de sol xa se desvanezan.

