O pasado mes de agosto arrancaron as obras de reforzo e reposición de firme da autovía do Barbanza. Dende aquela a AG-11 sufriu diferentes cortes de circulación e modificacións para garantir os traballos, a seguridade dos traballadores e tamén dos usuarios da autovía. A actuación avanza e encara xa o tramo que conecta A Pobra do Caramiñal con Boiro.

