O suceso tivo lugar a primeira hora da tarde cando, polas causas que se investigan, un Seat Toledo se saíu da calzada. A aparatosa traxectoria do vehículo, que avanzou entre a mediana e o noiro lateral ata quedar completamente destrozado, alarmou a varios usuarios da vía que alertaron de inmediato aos servizos de urxencia.
Aínda que a estampa do coche facía temer o peor, cando os bombeiros do parque de Boiro se achegaron ao lugar comprobaron que o único ocupante se encontraba en bo estado e fóra do habitáculo falando por teléfono. A pesar de saír polo seu propio pé, unha ambulancia trasladouno ao Hospital do Barbanza para sometelo ao unha revisión médica completa.
Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia do 061, os Bombeiros e SMPC de Boiro e a Garda Civil de Tráfico. Afortunadamente, todo quedou en danos materiais de consideración e feridas de carácter leve para o automovilista.

