Outes

O ‘TIC TAC TOC’ chega esta fin de semana a PONTEAREAS, OUTES E BOIRO

O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos concellos que forman parta da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nas comarcas do Condado, de Noia e do Barbanza a través da nova proposta musical ‘Tic Tac Toc’ que chega da man do músico coruñés Pablo Díaz.

O sábado, ás 20:00 horas, Pablo Díaz e a súa banda estarán no auditorio da Casa da Cultura de Outes. A fin de semana pecharase do domingo en Boiro, onde o ‘Tic Tac Toc’ se dará cita coa cativada ás 18:30 horas na Casa da Cultura.

O cantante coruñés, un dos músicos máis destacados do panorama musical galego, sobe aos escenarios do ‘FalaRedes’ por terceira vez acompañado polos músicos Diego Barral (guitarra) e Álex Fente (acordeón). Con esta nova proposta, especialmente pensada para familias con nenos e nenas de ata sete anos, búscase reforzar a transmisión efectiva da lingua galega a través da música.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.