O campo do Salvador Otero non era un escenario doado, pero o Boiro demostrou a súa superioridade nun partido que comezou con tensión e loita na medular, pero que pronto empezou a decantarse do lado visitante.
A primeira gran ocasión tivo a sinatura de Landeira, aí cortouna providencial o meta local Manu Táboas. Pero a insistencia tivo premio á media hora de xogo: un erro na cesión defensiva aproveitouno Aarón para anotar o primeiro tanto e poñer por diante aos barbanzáns.
Xa na segunda metade, a maquinaria boirense finiquitou o encontro. Unha gran triangulación pola esquerda rematou nun cambio de orientación cara á dereita, onde Insua puxo un centro medido para que Landeira, esta vez sí, tirase a escuadra co 0-2. Con esta vantaxe, os de Tizón controlaron o tempo do partido e puideron ampliar a renda, aínda que o marcador xa non se movería.
Seis puntos para un Boiro lanzado que xa pensa no seu seguinte compromiso ante o Silva.

