18.2 C
Chicago
11 septiembre, 2026
Image default

MAIKON LAPA DEBUTOU COMO PROFESIONAL NO K1 EN POLONIA CUN TRIUNFO POR KO TÉCNICO

As artes marciais están a gañar un gran peso na comarca grazas á irrupción de novos ximnasios como o Metanoia Arte Suave, situado en Noia. O seu impulsor, Maikon Lapa, é un referente en diferentes modalidades, dende o MMA, o grappling, o jiujitsu ou o kickboxing. E esta fin de semana traspasou fronteiras competindo en Polonia. O loitador afincado na comarca participou na velada organizada pola Thunderstrike Fight League, TFL, unha destacada promoción polaca de artes marciais mixtas. E non pasou desapercibido.

Lapa debutou como profesional na modalidade K1 Pro-Am e fíxoo por todo o alto. O loitador de orixe brasileira amosou na gaiola todo o practicado nos adestramentos realizados ao longo de anos para levarse o triunfo ante o seu rival Mironiuk. Lapa alcanzou a vitoria na súa estrea como profesional logo de conseguir o KO técnico no terceiro round.

O loitador segue a sumar éxitos ao seu palmarés, nesta ocasión ao coroarse no TFL 38. Este ano debutou nunha nova modalidade na que os deportistas seguen as regras do boxeo pero pelexan con guantes de MMA, e venceu nunha das citas de loita máis importantes de Austria. Con este triunfo en Polonia continúa a incrementar a súa colección de títulos a nivel internacional.

Related posts

A SEGUNDA FUTGAL ARRANCA ESTA FIN DE SEMANA CON OITO EQUIPOS DA COMARCA

CloudyX

O FEGAN PECHA EN RIBEIRA O CIRCUÍTO GALEGO DE AUGAS ABERTAS

CloudyX

A PRAIA DA RETORTA ACOLLE ESTE SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE REMO DE MAR

CloudyX