18 C
Chicago
6 octubre, 2026
Image default

A CHUVIA IMPEDIU NO PORTO DO SON A TRADICIONAL PROCESIÓN MARÍTIMA DO CARME

Era unha das xornadas grandes das festas do Porto do Son, pero a chuvia obrigou a cambiar os plans e cancelar a actividade de maior expectación: a procesión marítima. Pero iso non impediu que decenas de devotos desfrutasen da celebración.
A Virxe do Carme saía da capela da Atalaia acompañada por veciños e autoridades para presidir a misa solemne na explanada portuaria.
A chuvia fixo acto de presenza na recta final da misa, momento no que se decidiu non realizar a procesión marítima. Algo que deixou en terra as embarcacións que tiñan previsto acompañar a patroa dos mariñeiros polo litoral sonense.
Tampouco puido realizarse a tradicional ofrenda floral ao mar. Estaba previsto lanzar unha coroa en memoria de Maricarmen Lema Pouso, a percebeira de Caamaño que faleceu o pasado mes de abril tras ser sorprendida por un golpe de mar mentres traballaba nas pedras de Baroña.
Finalmente, a Virxe do Carme regresou á capela da Atalaia, pechando un acto relixioso que moitos califican de precioso e espectacular.

Related posts

O ALCALDE DE PORTO DO SON FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DO VERÁN 2026

CloudyX

O MODELO DE TRANSFORMACIÓN AGROALIMENTARIA IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA SALTA FRONTEIRAS

CloudyX

O IES DE PORTO DO SON ENCARA A RECTA FINAL DAS OBRAS DE MELLORA DO SEU PAVILLÓN DEPORTIVO

CloudyX