Galicia respalda ás familias con recen nacidos coa Tarxeta Benvida, unha iniciativa na que a Xunta destina anualmente preto de 32 millóns de euros. É unha axuda directa aos pais e nais cunha contía media de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. Hai diferentes negocios adheridos a este proxecto, un deles é o ribeirense Os Nenos. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou o venres á tarde este comercio de produtos infantís nos que puxo en valor o papel da Tarxeta Benvida.

