20.5 C
Chicago
24 octubre, 2026
Image default

DETIDO UN HOME EN RIBEIRA POR APUÑALAR CUN CRISTAL DUNHA BOTELLA A OUTRO DURANTE UNHA PELEXA MULTITUDINARIA

Novo episodio de violencia en Ribeira. O parque García Bayón foi o escenario dunha pelexa miltitudinaria que rematou cun home detido despois de apuñalar nas costas a outro varón cun cristal dunha botella rota. Os feitos tiveron lugar o domingo arredor das 22.30 horas despois de que integrantes de diferentes grupos de mozos comezaran unha liorta.

Dos golpes pasouse á agresión con esta improvisada arma branca, un cristal dunha botella rota que o detido usou para ferir presuntamente a outro home dos implicados na pelexa. Asestoulle unha puñalada na parte alta das costas polo que o ferido tivo que ser evacuado nunha ambulancia do 061 ata o Hospital do Barbanza, aínda que logo foi trasladado a Santiago pola gravidade da ferida.

Ata o lugar desprazouse outra ambulancia do 061, patrullas da Policía Nacional con base en Ribeira e tamén da Policía Local. Os axentes da Policía Nacional arrestaron ao agresor como presunto autor da puñalada, que segue detido mentres segue aberta a investigación.

Related posts

OS MARISCADORES DE AGUIÑO PREPARAN A CAMPAÑA DO PERCEBE DE NADAL CON BOAS EXPECTATIVAS MENTRES PAUSAN O OURIZO

CloudyX

O BNG DE RIBEIRA SOLICITA AO CONCELLO A REORGANIZACIÓN E O REPINTADO DO APARCADOIRO DA AVENIDA DA CORUÑA

CloudyX

O LICEO MARÍTIMO DE RIBEIRA ACOLLE UN PARLADOIRO SOBRE A CRISE DA VIVENDA ORGANIZADO POR AMNISTÍA INTERNACIONAL

CloudyX