Patacas fritidas, galletas, chocolatinas, bolería industrial ou refrescos. Son algúns dos produtos que máis abundan nas máquinas expendedoras dos hospitais.
A OCU analizou 171 máquinas situadas nas zonas de Urxencias de 52 hospitais españois e conclúe que ata o 70% dos alimentos ofertados son pouco saudables.
Unha porcentaxe que non sorprende aos usuarios.

