Boiro, A Pobra, Ribeira… e agora Porto do Son. BarbanTEA continúa achegando ás festas da comarca un servizo pensado para que as persoas con hipersensibilidade auditiva tamén poidan desfrutar delas.
A asociación pon a disposición das persoas que o precisen cascos antirruído, especialmente útiles para persoas con trastorno do espectro autista, aínda que o préstamo está aberto a calquera persoa con sensibilidade auditiva.

