Os pensionistas que decidan volver a traballar poderán facelo a partir deste venres con novas condición. Esta medida, aprobada polo Goberno en xuño e publicada no BOE, chega para romper os esquemas e ampliar as posibilidades de quen, tras acceder á xubiliación, deciden volver ao mercado laboral.
Na rúa, esta reforma xera un forte debate. Hai quen defende que debería ser unha decisión persoal e voluntaria, pero tamén aparecen voces críticas. Consideran que, despois de toda unha vida laboral, a xubilación debería servir para descansar e deixar espazo aos máis novos.

