A Regata Gadis chega á súa vixésima edición como colofón ao traballo desenvolto durante todo o ano na Escola de Vela de Ribeira. Este curso participaron nela 140 alumnos, unha cifra que supera os cen do ano pasado. Deles, 65 sairán este venres á auga para competir nas diferentes categorías: Optimist Regata, Optimist Escola e ILCA 4, a antiga clase Laser.

