22 agosto, 2026
Image default

COMEZOU HOXE EN BOIRO A DUODÉCIMA EDICIÓN DO TORNEO CONGALSA DE BARBANZA GOLF.

As instalacións de Barbanza Golf acollen desde hoxe unha nova edición do Torneo Congalsa.
A cita chega aos 12 anos de historia e despútase durante tres xornadas baixo a modalidade Individual Stableford, un sistema que permite competir a xogadores de diferentes niveis tendo en conta o hándicap.
Os resultados, ademais, serán puntuables para a Orde de Mérito do Club Deportivo Barbanza Pitch&Putt, polo que terán incidencia na clasificatoria xeral da tempada.
A competición combina o carácter deportivo coa convivencia entre os participantes e a promoción do golf como unha disciplina aberta a diferentes públicos.
Durante estas tres xornadas están previstas diferentes quendas de saída. Tras a primeira deste venres, os xogadores poderán completar o percorrido o sábado en dúas quendas, pola mañá e pola tarde, e o domingo pola mañá.
O Torneo Congalsa continuará así durante todo o fin de semana en Barbanza Golf, consolidando, 12 edicións despois, como a competición máis veterana do calendario do club boirense.

Related posts

O TERESA HERRERA REUNIRÁ AO REMO GALEGO NA ENSEADA DO ORZÁN

CloudyX

TEMPORADA PARA O RECORDO NO ATLETISMO BARBANZA

CloudyX

O DEEP BLUE, O BALEA DOUS, O BERLINGUIÑO E O VILLANO VENCERON NA REGATA RÍAS BAIXAS

CloudyX