19 agosto, 2026
Image default

TRIUNFO TRABALLADO DO BOIRO PARA DISPUTAR A FINAL DA COPA FEDERACIÓN

A pretemporada avanza para os equipos da comarca e o Boiro disputa tamén as eliminatorias autonómicas da Copa Federación. O conxunto adestrado por José Tizón desprazouse o domingo a Xinzo de Limia para medirse ao Antela nas semifinais. Viviuse un encontro marcado pola calor, con pausas de hidratación, pero tivo un alto ritmo e os boirenses puideron impoñer a súa lei para anotarse un traballado triunfo por 0-1.

O Antela dominou o primeiro tramo do encontro, pero foron os de Tizón os que se adiantaron no marcador. Yosi disparou dende a frontal, o balón rozou a un defensa e rematou no fondo da portería local, tanto que puxo deu vantaxe ao Boiro no minuto 14. Os boirenses foron tomando o mando do xogo, o Antela achegouse á portería visitante, pero tamén buscaron o segundo os de Tizón sen éxito.

A tensión creceu na segunda metade, que empezou con cambios nos equipos: o Antela buscando pólvora arriba para igualar o duelo. Pero o Boiro respondeu con novas ocasións de perigo, pero o 0-2 seguía sen chegar. E o marcador non se volveu a mover. Este domingo o Boiro recibe ao Bergantiños na final da fase autonómica da Copa Federación. Barraña acollerá este duelo.

Os do Barbanza terán unha nova proba de pretemporada antes de medirse ao Bergantiños. Mañá mércores xogarán un amigable ante o Arousa, duelo que arrancará ás 20.00 horas.

Related posts

A POBRA DO CARAMIÑAL PREPÁRASE PARA UNHA NOVA EDICIÓN DA SÚA CARREIRA POPULAR.

CloudyX

ÉXITO DO TORNEO DE VOLEI PRAIA NOCTURNO QUE SE VIVIU ESTA FIN DE SEMANA EN CABÍO

CloudyX

CABO DA CRUZ PECHA A LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS POR TODO O ALTO

CloudyX