15 agosto, 2026
Image default

HOXE ARRANCOU A REGATA RÍAS BAIXAS

Esta mañá arrancou unha nova edición da Regata Rías Baixas. Organizada polo Real Club Náutico de Vigo, este clásico velístico está xa en marcha coa súa 63 entrega. Trátase dunha das competicións náuticas con máis arraigo na comunidade e este ano participan nela un total de 43 embarcacións nas cinco clases competitivas.

Hoxe foi a xornada inaugural na que os veleiros saíron da ría de Vigo rumbo cara a de Pontevedra para arribar en Portonovo, completando a primeira etapa da competición. Realizouse a primeira entrega de trofeos correspondente á primeira etapa da regata. E mañá a comitiva porá rumbo á Pobra do Caramiñal onde finalizará a segunda xornada de navegación.

Está previsto que os veleiros arriben a porto arredor das sete da tarde para logo vivir a entrega de premios na Prada do Emigrante. Ademais antes de repoñer forzas, as tripulacións formadas por máis de 200 persoas poderán desfrutar do inicio do Carme dos Pincheiros.

O sábado será a terceira etapa, que conecta o municipio pobrense con Vigo e o domingo rematará a regata coa navegación na ría viguesa. A entrega de trofeos desta 63 edición da regata rías baixas está prevista para as 20.30 horas do domingo.

Related posts

O ROTOGAL BOIRO VOLEIBOL PREPARA XA UNHA NOVA TEMPADA NA QUE A CONTINUIDADE SERÁ UNHA DAS SÚAS PRINCIPAIS APOSTAS

CloudyX

PUEBLA E NOIA ARRANCARÁN A TEMPORADA NA PREFERENTE COMO VISITANTES

CloudyX

O CD BOIRO FAI BALANCE DUNHA TEMPORADA NA QUE AS CONTAS PECHARON EN POSITIVO E NA QUE O EQUIPO QUEDOU ÁS PORTAS DO PLAYOFF

CloudyX