O Campo de Moimenta acolleu a pasada fin de semana o Campionato Benxamín e sub16 de Pitch&Putt no que participaron 201 xogadores. Foron catro días de golf, emocións, talento e convivencia entre todas as persoas que se achegaron para desfrutar dunha das mellores citas a nivel nacional. Houbo récord de golfistas que amosaron sobre o verde as súas cualidades neste deporte. Ademais de poñer no mapa ao Barbanza Golf pola organización da competición e polos xogadores que o representaron. De feito o ga
ñador da categoría benxamín foi Leo Rey, golfista do club.

