18.7 C
Chicago
1 octubre, 2026
Image default

ÉXITO DA NOVA EDICIÓN DO CAMPIONATO INFANTIL DE FOTOGRAFÍA DE PEIXES.ÉXITO DA NOVA EDICIÓN DO CAMPIONATO INFANTIL DE FOTOGRAFÍA DE PEIXES.

A praia de río Azor, en Ribeira, foi o escenario escollido para vivir un novo Campionato Infantil de Cazafoto. O sábado o areal encheuse de amantes desta disciplina que gozaron dunha xornada inesquecible, da man do Club Subacuático Sotavento, organizador, en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas.

O día acompañou, o sol fixo acto de presenza e as condicións do mar eran as ideais para mergullarse e capturar imaxes da biodiversidade que hai no lugar. Os participantes, de entre catro e 16 anos, tiveron que fotografar a pulmón o maior número de especies de peixe posible no que duraba a proba. E os resultados foron moi destacados.

Os xuíces fixeron unha valoración das imaxes e no proceso identificaron ás especies fotografadas para determinar quen conseguiría cada trofeo. No apartado feminino o primeiro posto foi para Marta, que conseguiu inmortalizar 21 especies. O segundo lugar ocupouno Eire, con 11 especies capturadas. E pechou o podio Mara, con nove.

Na categoría masculina Simón foi o que máis imaxes sacou, un total de 20 especies retratadas. Pablo, con 16, foi o segundo mentres que José Manuel completou o podio con 14. Os dous primeiros clasificados de ambas categorías son de Ribeira e do Club Sotavento, amosando o nivel que hai no municipio neste apartado.

Todos os participantes nesta quinta edición recibiron material de Cressi.

Related posts

BOIRO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UNHA NOVA EDICIÓN DO TRADICIONAL DIA DA BICICLETA.

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA SABE O QUE É GAÑAR ESTA TEMPORADA

CloudyX

BOIRO ACOLLERÁ ESTE VENRES O I CAMPIONATO DE REMO INDOOR INTERCENTROS IMPULSADO POR CABO DE CRUZ

CloudyX