A Festa da Navalla de Aguiño segue a medrar na súa décima edición. A lonxa de Aguiño foi o epicentro desta celebración que atraeu a centenares de persoas que non se quixeron perder a ocasión de degustar este produto que vai collendo protagonismo. A cola de xente estendeuse ao longo de todo o peirao mentres os cociñeiros preparaban as navallas á prancha para abastecer a demanda. Tanta houbo que se esgotaron os 600 kilos mercados para a ocasión.

