Esta mañá arrancou de forma oficial o Mercado Castrexo de Boiro. A rúa peonil xa loce a temática castrexa ademais de contar con 52 postos de artesanía e alimentación que permanecerán ao longo de toda a fin de semana. A concelleira de Turismo e Cultura local, María Outeiral, afirmou que se trata dunha cita arraigada no municipio e moi esperada por veciños e visitantes.

