O Noia Portus Apostoli regresou ao traballo despois dunhas merecidas vacacións. Xogadores e equipo técnico traballan xa na pista do Agustín Mourís na preparación da vindeira campaña. O luns iniciouse a pretemporada, un longo día cheo de reencontros, presentacións, probas e o regreso ao parqué.

